Restaurar axustes de fábrica
Para restaurar o teléfono ás condicións de fábrica, seleccione Menú > Axustes >
Recup axus-tes predet. e das seguintes opcións:
● Recuperar só axustes — para reiniciar a configuración sen eliminar información
persoal
● Recuperar todo — para reiniciar todas as preferencias de configuración e eliminar
toda información persoal tal como contactos, mensaxes, arquivos multimedia e
códigos de activación.
10. Menú operador
Acceda a un portal de servizos fornecidos polo seu operador de rede. Se desexa coñecer
máis información, póñase en contacto co seu operador de rede. O operador pode
actualizar este menú cunha mensaxe de servizo.
11. Galería
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha
copia de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de copia de
seguridade de Nokia PC Suite.
O teléfono admite un sistema de xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer o
contido que se adquira. Comprobe sempre as condicións de envío de calquera contido
e a tecla de activación, antes de adquirilos, xa que poderían cobrarlle unha tarifa por
eles.
Para ver os cartafoles, seleccione Menú > Galería.
12. Medios
Cámara e vídeo
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 480 x 640 píxeles.
Tirar unha foto
Para usar a función de imaxe fixa, seleccione Menú > Multimedia > Cámara, ou se
a función de vídeo está activada, desprácese á esquerda ou á dereita. Para capturar
unha imaxe, seleccione Capturar.
Para achegar ou afastar no modo cámara, desprácese arriba ou abaixo.
Para poñer a cámara no modo nocturno, para activar o disparador automático ou tirar
imaxes sucesivas rapidamente, seleccione Opcións e a opción que desexe. Para axustar
o modo de vista previa e a hora, seleccione Opcións > Axustes > Tempo de vista
previa de imaxes.