Configuración da mensaxe
Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes de mensaxe para configurar as
características das mensaxes.
● Axustes xerais — para configurar o seu teléfono para gardar as mensaxes enviadas,
permitir sobrescribir mensaxes antigas se a memoria para mensaxes está chea e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes.
● Mensaxes texto — para activar informes de entrega, configurar centros de
mensaxes para SMS e SMS e-mail, seleccionar o tipo de admisión de caracteres e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes de texto
● Mensaxes multim. — para activar informes de entrega, configurar a apariencia das
mensaxes multimedia, permitir a recepción de mensaxes multimedia e anuncios e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes multimedia
● Mensaxes correo — para permitir a recepción de correo electrónico, para axustar
o tamaño da imaxe nun correo electrónico e para configurar outras preferencias
relacionadas co correo electrónico
Enviar mensaxes
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
16
7. Contactos
Pode gardar os nomes e números de teléfono na memoria do dispositivo ou na tarxeta
SIM. Na memoria do dispositivo pode gardar contactos con números e elementos de
texto. Os nomes e números gardados na tarxeta SIM indícanse por medio de
.
Para engadir un contacto — Seleccione
e Engadir novo
Para engadir información a un contacto — Asegúrese de que a memoria que está a
utilizar é Teléfono ou Teléfono e SIM. Seleccione Nomes, desprácese ata o nome e
seleccione Detalles > Opcións > Engadir detalle.
Busca de contactos — Seleccione Nomes e desprácese pola lista de contactos ou insira
as primeiras letras do nome.
Copiar un contacto noutra memoria — Seleccione Nomes, desprácese ata o contacto
e seleccione Opcións > Copiar contacto. Na tarxeta SIM, só se pode gardar un número
de teléfono para cada nome.
Seleccione onde desexa gardar contactos, como desexa que se amosen os
contactos e o consumo de memoria dos contactos — Seleccione Axustes.
Para enviar unha tarxeta de visita — Seleccione Nomes, busque o contacto do que
desexa enviar información e seleccione Detalles > Opcións > Enviar tarx. visita.
Pode enviar e recibir información de contacto de calquera persoa como unha tarxeta
de visita dun dispositivo compatible con vCard estándar.
8. Rexistro de chamadas
Para ver a información das chamadas, mensaxes, datos e sincronización, seleccione
Menú > Rexistro e o elemento requirido.
Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos do seu fornecedor de
servizos varíe, dependendo das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos
impostos, etc.
9. Configuración
Perfís
O seu teléfono ten varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden
personalizarse con tons de chamada para diferentes eventos e ambientes.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado e unha das seguintes opcións:
● Activar — para activar o perfil seleccionado
● Personalizar — para cambiar as opcións do perfil