Actualizacións de software mediante conexión polo aire
2. Primeiros pasos
Instalar a tarxeta SIM e a batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1. Prema o botón de apertura (1) e retire a tapa posterior (2).
2. Retire a batería (3).
3. Abra o soporte da tarxeta SIM e insira a tarxeta SIM no soporte coa superficie de
contacto orientada cara a abaixo (4). Peche o soporte da tarxeta SIM.
4. Insira a batería (5) e coloque de novo a tapa posterior (6).
Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Se o dispositivo indica que a
batería dispón de pouca carga, siga estes pasos:
1. Conecte o cargador á toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando o dispositivo indique que a batería se atopa completamente cargada,
desconecte o cargador do dispositivo e logo da toma da parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de tempo específico e pode utilizar
o dispositivo durante o proceso de carga. Se a batería está completamente descargada,
é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para
poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Antena
É posible que o dispositivo dispoña de antenas internas e externas. Evite
tocar a zona da antena se non é necesario mentres a antena está a
transmitir ou recibir. O contacto coa antena afecta á calidade da
comunicación, pode causar que o dispositivo necesite un nivel superior
de potencia para funcionar e pode reducir a duración da batería.
A figura mostra a zona da antena en gris.