Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto, ou se non está seguro do
funcionamento do seu teléfono, consulte a guía do usuario, as páxinas de axuda en
www.nokia.com/support ou o sitio web de Nokia para o seu país. Se prefire facelo dende
o teléfono móbil, visitewww.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
● Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería. Pasado un minuto, volva a
colocar a batería e acenda o teléfono.
● Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo indicado na guía de usuario.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Consulte www.nokia.com/repair.
Antes de enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade dos datos
do teléfono.
Información xeral
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
8
O código de seguridade axuda a protexer o seu teléfono contra o uso non autorizado.
O código preconfigurado é 12345. Pode crear e cambiar o código e configurar o teléfono
para que solicite o código. Manteña o código secreto e nun lugar seguro separado do
seu teléfono. Se esqueceu o código e o seu teléfono está bloqueado, o teléfono requirirá
un servizo e poden aplicarse cargos adicionais. Para obter máis información, póñase en
contactoco co Nokia Care Point ou co distribuidor do teléfono.