Reprodutor de música
O dispositivo inclúe un reprodutor de música para escoitar cancións ou outros ficheiros
de son MP3 ou AAC.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa
capacidade auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o dispositivo
preto do seu oído co altofalante activado.
Medios
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
22
Menú > Multimedia > Radio
Menú > Multimedia > Gravadora
13. Aplicacións
O software do seu teléfono pode incluír algúns xogos e aplicacións Java deseñadas
específicamente para este teléfono Nokia.
Seleccione Menú > Aplicacións.
Para executar un xogo ou aplicación, seleccione Xogos ou Colección. Desprácese ata
un xogo ou aplicación e seleccione Abrir.
Para ver a cantidade de memoria dispoñible para instalar xogos e aplicacións, seleccione
Opcións > Estado memoria.
Para descargar un xogo ou aplicación, seleccione Opcións > Descargas > Xogos
descargados ou Descargas aplic.. O teléfono admite aplicacións Java J2ME™.
Comprobe que a aplicación sexa compatible co teléfono antes de descargala.
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de
fontes de confianza, como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified™.
As aplicacións descargadas pódense gardar en Galería en lugar de Aplicacións.
14. Planificador
Alarma
Para activar ou desactivar unha alarma — Seleccione Alarma:.
Para axustar a hora da alarma — Seleccione Hora de alarma:.
Para axustar o dispositivo para que o avise en determinados días da semana —
Seleccione Repetir:.
Para personalizar o ton de alarma — Seleccione Ton de alarma:.
Para axustar o tempo de espera que desexa que transcorra para a repetición da
alerta — Seleccione Tempo máx. esp. rep.:.
Para deter a alarma — Seleccione Deter.
Se deixa que a alarma continúe soando durante un minuto ou selecciona Repetir, a
alarma deterase durante o tempo de espera de repetición da alarma e, a continuación,
volverase activar.
Calendario e lista de tarefas
O día actual está
marcado cun recadro. Se se estableceu algunha nota para o día, este aparece en negriña.